COLECTIVO BALUARTE
Recinto histórico da feira de Agolada, construcións singulares
aquamlatam.blogspot.com.es/search/label/A%20FEIRATrasladados á pequena vila de Agolada, o Marco da Constitución alude fundamentalmente a un fito pétreo que se ergue discretamente mimetizato cos Pendellos. Encóntrase a carón da que fora casa-cuartel-xulgado-cárcere e diante dunhas antigas cabalerizas pertencentes ao devandito acuartelamento. O marco e a rúa na que se atopa denomínanse da Constitución.
Dúas teorías chegaron ata nós sobre a orixe deste antigo monolito e o porqué da súa denominación. A primeira da que soubemos referíase á fundación ou "constitución" da feira (1788). A segunda explica que o marco con forma de frecha apuntando ao ceo é unha homenaxe á Constitución de 1812 ( a Pepa) e que se erixiu para simbolizar o carácter público dos edificios pertencentes á Casa da Audiencia (este é un nome que me permito usar atendendo a outros edificios semellantes existentes noutras vilas de feira).
Ambas teorías baséanse en testemuños orais, carecen de documentación escrita que as refrenden. Decantarse por una unha ou por outra é cuestión de análise racional e non de meras paixóns subxectivas.