Audiotour Ruta da Pedra e da Auga_Irene
2 sights
- Audio-Tour Zusammenfassung
-
Audio-Tour Zusammenfassung
Update Required To play the media you will need to either update your browser to a recent version or update your Flash plugin.Contan que antigamente a xente do lugar percorría todos os luns de Pascua este sendeiro para chegar á romaría no Mosteiro da Armenteira . Este vello camiño é, actualmente, unha das máis coñecidas rutas de sendeirismo de aproximadamente 7 km que vai dende Barrantes até o Mosteiro da Armenteira pasando polos fermosos municipios de Ribadumia e Meis.Recibe este nome de “auga”, porque transcorre á beira do río Armenteira, e de “pedra”, polas moitas construcións en forma de muíños que se poden atopar ao longo do carreiro. Hai máis de cincuenta muíños e todos eles teñen un nome en homenaxe aos seus propietarios ou á toponimia do lugar. Foron construídos no s. XVIII para aproveitar a enerxía da auga do río Armenteira e moer o gran e os cereais. Hoxe en día aínda se poden apreciar estes campos de cultivo nos que se planta, por exemplo, millo.
Este espazo, cheo de inspiradoras fervenzas e pequenas freixas é un entorno natural no que se poden distinguir moitos tipos de vexetación como: bidueiros, loureiros, abeleiras... Tamén se poden observar plantas características de lugares húmidos como fentos, musgos, botóns de ouro... Nesta ruta, coñecida tamén como a “ruta dos muíños”, distínguense tres tramos ben diferenciados.
- 1 Inicio da ruta
- 2 Tramo II
- 3 Aldea Labrega
- 4 Tramo III
- 5 Mosteiro da Armenteira

Bewertungen
Kostenlose izi.TRAVEL-App herunterladen
Erstellen Sie Ihre eigenen Audio-Touren!
Die Verwendung des Systems und der mobilen Stadtführer-App ist kostenlos.