Audio tour

Audio tour Ruta da Pedra e da Auga_Irene

QR code

2 sights

  1. Audio tour Summary
  2. Audio tour Summary

    Contan que antigamente a xente do lugar percorría todos os luns de Pascua este sendeiro para chegar á romaría no Mosteiro da Armenteira . Este vello camiño é, actualmente, unha das máis coñecidas rutas de sendeirismo de aproximadamente 7 km que vai dende Barrantes até o Mosteiro da Armenteira pasando polos fermosos municipios de Ribadumia e Meis.Recibe este nome de “auga”, porque transcorre á beira do río Armenteira, e de “pedra”, polas moitas construcións en forma de muíños que se poden atopar ao longo do carreiro. Hai máis de cincuenta muíños e todos eles teñen un nome en homenaxe aos seus propietarios ou á toponimia do lugar. Foron construídos no s. XVIII para aproveitar a enerxía da auga do río Armenteira e moer o gran e os cereais. Hoxe en día aínda se poden apreciar estes campos de cultivo nos que se planta, por exemplo, millo.

    Este espazo, cheo de inspiradoras fervenzas e pequenas freixas é un entorno natural no que se poden distinguir moitos tipos de vexetación como: bidueiros, loureiros, abeleiras... Tamén se poden observar plantas características de lugares húmidos como fentos, musgos, botóns de ouro... Nesta ruta, coñecida tamén como a “ruta dos muíños”, distínguense tres tramos ben diferenciados.

  3. 1 Inicio da ruta
  4. 2 Tramo II
  5. 3 Aldea Labrega
  6. 4 Tramo III
  7. 5 Mosteiro da Armenteira

Reviews

A minimum rating of 1 star is required.
Please fill in your name.

Create your own audio tours!

Use of the system and the mobile guide app is free

Start

App preview on iOS, Android and Windows Phone